"Máis alto aínda", un espectáculo circense para todos os públicos, este sábado ás 19:30 horas na Saleta de Astureses, no programa cultural do concello de Boborás

4, Setembro 2020

O concello de Boborás pon en marcha un programa cultural cunha serie de actividades para a veciñanza patrocinadas polo Agadic, da Conselleira de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Con todos os protocolos Covid-19 que garante a seguridade dos asistentes comezamos coa primeira delas.

Unha das actividades que se presentan é o espectáculo circense de "Desastronauts" titulado"Máis alto ainda". Trátase dun espectáculo de circo acróbatico, que xa ten sido un éxito por todos os lugares polos que ten pasado.

Será o sábado 5 de setembro no Campo da Saleta, Astureses, ás 19.30 h. Apto para todos os públicos.

Pódese obter máis información sobre este espectáculo neste enlace: http://www.culturactiva.org/gl/artista/desastronauts