Máis de 2.000 peñistas no concurso de camisetas do pulpo 2025

O Concurso de Camisetas da Festa do Pulpo congregou hoxe a máis de 2.000 persoas na Praza Maior, que amosaron a súa creatividade a través de coloridos e orixinais deseños. Preto dun centenar de peñas pasaron polo photocall para posar co Pulpo Octavio, e para presumir das súas creacións.
Por primeira vez, produciuse un empate entre as tres camisetas máis votadas, polo que foi necesario acudir ás bases do concurso e desempatar polo número de integrantes.
Así, a gañadora foi a peña 333 FM, de 45 integrantes, que recibiu os 300 euros do primeiro galardón. Os Tentaculazos de Cenlle, de 24 integrantes, levouse o segundo premio (200 euros), e os Pulpitos Fiufiu, de 21 participantes, gañou o terceiro premio (100 euros).
Ademais, todos os deseños que cumpran os requisitos recollidos nas bases recibirán unha compensación de 60 euros ata esgotar o crédito dispoñible. No caso de superarse o orzamento, terase en conta a orde de inscrición.
O Concello do Carballiño pon en valor a creatividade da veciñanza, á que agradece a súa participación nesta tradición que une a maiores e pequenos.