A Mancomunidade Turística instala pantallas con fotografias para ocultar os colectores do lixo

1, Decembro 2020

Con imaxes da Festa do Pulpo e do entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro, quedarán instalados hoxe os novos guardacontenedores da rúa Aldara, fronte á Praza da Mina, un proxecto que contou coa coalboración do deseñador Juan Valcárcel, que ademáis é o autor das fotografías.
Trátase dunha iniciativa da Mancomunidade Terras do Avia, á que pertence O Carballiño, e que ten por obxectivo ocultar os contenedores naqueles lugares de maior impacto visual con paneis metálicos ilustrados con fotografías relativas aos recursos turísticos dos concellos integrados neste organismo.
Para esta campaña da mancomunidade, que xa se levou a cabo nos demais concellos, cóntase cunha subvención de Turismo de Galicia.
O concello do Carballiño agarda poder ampliar esta medida a outras illas de contenedores situadas noutros lugares de vila que supoñen un maior impacto visual.