Manolo Blanco achéganos ao último traballo de Potiños "Detalles da Veracruz". Escóitao aquí.

17, Abril 2024

O Presidente da asociación fotográfica Potiños achéganos ao último traballo deste colectivo de fotógraf@s, que realizaron máis de 250 fotografias da xoia arquitectonica do Carballño, das que fixeron unha selección de 28, que son as que podemos ver ata finais de maio expostas na escaleira da casa do concello.

"Detalles da Veracruz" é título desta mostra, que despóis do Carballiño tamén será exposta noutras localidades galegas, como O Porriño, localidade natal do arquitecto da Veracruz, Antonio Palacios.

Escóitao no audio adxunto: