Manolo Dacal en Cope "é lamentable este talante antidemocrático, que non podamos asistir a un acto porque se nos veta"

8, Agosto 2011

A invitación cursada a concelleiros do grupo municipal socialista por parte da "Asociación 8 Notas " para que asistisen ó acto de presentación do festival "Jorigames", que se celebra esta semana no Carballiño e que culmina un concurso internacional no que participaron preto de 1.500 grupos musicais, ven de convertirse nun novo motivo de disensión entre populares e socialistas no Concello Carballiñés. O Concelleiro do grupo socialista, Manolo Dacal, calificou de "talante antidemocrático" a postura dos gobernantes municipais do Carballiño por non permitir a presencia de concellais do PSOE nese acto, "a nós a Asociación Cultural 8 Notas mándanos unha invitación para estar presentes na presentación do festival, e cál é a nosa sorpresa cando posteriormente se nos comunica que non podemos asistir porque se nos veta".

Dacal lamentou esta actitude do goberno municipal e culpou ao Concelleiro de Cultura, Rodrígo González e o Alcalde Argimiro Marnotes de ser os responsables directos de esta "imposición", según o concelleiro socialista "os organizadores do festival quixeron levar a presentación fora do concello, pero díxoselle que había que facéla no salón de actos da casa do concello, e que non querian ver ningún concelleiro do PSOE no acto. Non é xa por nós, pero espero que pidan perdón e rectifiquen, pensando nas 3.200 persoas que nos votaron e merecen un respeto ". A organización deste concurso internacional de maquetas musicais comezou a xestarse durante o pasado mandato municipal, cando gobernaban os socialistas, e coa asociación promotora colaboraron no seu momento os actuais concelleiros socialistas Manolo Dacal e Adolfo Nogueira, éste último na súa condición -daquéla- de Presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño. A presentación celebrouse, finalmente, no salón de actos do consistorio carballiñés, e no mesmo tampouco participou ningún representante do goberno municipal.