Manuel Penedo delega temporalmente a Alcaldia do Irixo no Concelleiro Manuel Cerdeira

14, Febreiro 2012

O Alcalde  do Irixo, Manuel Penedo Paradela, ven se asinar un decreto no que delega as funcións de Alcalde no Concelleiro e 1º Tenente de Alcalde Manuel Cerdeira Lorenzo.

No decreto tamén se fixa o periodo de tempo no que Manuel Cerdeira ocupará a Alcalia do Irixo,  desde o dia 13 ao 22 deste mes de febreiro, ambos inclusive. Tamén se recolle na resolución que esta delegación  de competencias é "debido a ausencia temporal por motivos propios" do Rexedor Municipal.

A noticia, avanzada por esta emisora de radio, motivou a máis diversa rumoroloxia entre veciños do municipio, aos que chama a atención que o Alcalde se ausente do Concello no medio da polémica que está vivindose pola instalación da planta incineradora.