Manuel Penedo en Cope "intentaréi que a maioria dos 40 postos de traballo da estación de mantemento do ave sexan para veciños do Irixo"

24, Agosto 2011

O centro de control das telecomunicacións do AVE do sur de Galicia deberá estar operativo para o vindeiro dia 10 de decembro, xa que para ese dia está anunciada a inauguración do AVE que unirá as cidades de Ourense e Santiago de Compostela. A nova infraestructura, na que o ADIF investíu 3,3 millóns de euros, ubícase nas inmediacións da localidade de Lama de Campo, ocupa unha parcela de 2.000 mts. cadrados, e atópase xa practicamente rematada. A previsión apunta a creación nesta estación de mantemento de arredor de 40 postos de traballo directos, según os datos que manexa o Alcalde do Irixo, Manuel Penedo.

O máximo responsable municipal espera conseguir que a maioria dos novos postos de traballos sexan ocupados por veciños do propio Concello do Irixo, e asi o manifestou en declaracións a esta emisora de radio, "estou moi pendiente de este asunto, e preocupame moito, sei que serán entre 35 e 40 postos de traballo os que se van crear, e pode ser que os máis técnicos que serán 5 ou 6 terán que vir de fora,  pero o resto, vixiantes, limpeza e os 20 peóns para o mantemento da vias, son traballos que pode facer xente do Irixo". Penedo confia en que as xestións que vai a levar a cabo persoalmente ante o Presidente do ADIF sexan fructiferas.

O Concello do Irixo conta, según os datos actualizados do pasado mes de xullo, cun total de 95 parados que están incriptos como demandantes de traballo, de conseguir o Alcalde o seu obxetivo, siñificaría reducir o paro preto do 50% no termo municipal.