Mariano Rajoy, entre os invitados á festa do polbo

12, Agosto 2011

O Alcalde do Carballiño deu practicamente por segura a presencia de Mariano Rajoy este domingo 14 de agosto no parque municipal, para asistir á festa do polbo, na que estaría por vez primeira o líder do Partido Popular e candidato á Presidencia do Goberno Español, asi o confirmou nunha entrevista en Cope O Carballiño Argimiro Marnotes ""dou practicamente por seguro que vai estar, él quere estar na festa do pulpo do Carballiño,, eu mesmo chaméi para invitálo e penso que vai estar, é destas persoas que hoxe pode ser un gran reclamo informativo para que O Carballiño teña presencia nos medios de comunicación, e a él gustalle vir O Carballiño". Como é sabido, Rajoy mantén un lazo afectivo có Carballiño, xa que pasou aquí unhos anos da súa nenez, vivíu unha parte da súa infancia no Carballiño cando a súa familia residíu por unhos anos na vila carballiñesa.

A recepción oficial que o Concello do Carballiño dará aos inivitados e representantes das institucións que asistirán á festa terá lugar por vez primeira fora da casa do concello e faráse ás 13,30 horas nunha carpa que se intalará na explanada da entrada do paque, ó lado da estatua dos Irmáns Prieto. Alí mesmo, daráselle a benvida á representación almeriense, que acude ao Carballiño toda vez que a festa está este ano dedicada ao sector productivo do cogombro, como acto de solidariedade có sector hortofrutícola tras a crise desatada polas falsas acusacións que se produciron en Alemania cando se detectou o brote  infeccioso do E Coli.

O Xantar no recinto do Concello acollerá a 1.400 comensais, dos que o Alcalde Argimiro Marnotes dixo que "250 serán invitados, son 250 ás que invitamos desde O Concello, unhas 400 invitacións menos que o ano pasado, xa que daquéla as persoas invitadas polo concello foron 650", asegurou o rexidor municipal, que adiantou tamén que "o xantar faráse no parque, unha vez que parece que o tempo o vai permitir, aínda que tamén se pensou que no caso de previsión de moita chuvia, e solo nese caso, se trasladaría o xantar oficial ao polideportivo do IES Chamoso Lamas".

Serán 32 os postos de venda de polbo á feira os que instalarán as súas caldeiras este ano no parque, ós que haberá que sumar os que se ubicarán repartidos polas ruás do Carballiño. Unhas 220 persoas formarán o dispositivo de emerxencias e de seguridade, entre as que estará, como novidade, un grupo de cabaleiría da Garda Civíl.