"Marina di algo", requírenlle dende o PP á deputada socialista carballiñesa no congreso, sobre o "desmantelamento da nosa estación de tren"

30, Decembro 2019

“Marina di algo, Marina di Algo, se lle repetía o pasado día 3 de novembro por parte das 500 persoas que asistían a manifestación a escuras na propia estación de RENFE no Carballiño" recordan agora dende o Partido Popular, referindo a reelixida deputada carballiñesa Marina Ortega.

"E isto facíase a conta de que daquelas a Deputada no Congreso do PSOE e candidata á reelección nas xerais que estaban en plena campaña, asistía xunto con outros membros do goberno socialista do Carballiño a esta concentración", engaden.

E tamén censuran os populares como "daquelas Marina Ortega non se pronunciou, deu a calada por resposta, e que de falar, seguro que mentiría para non prexudicar aos seus patrocinadores PSOE, pois de dicir a verdade, podería ter consecuencias electorais".

Aseguran dende o grupo popular no concello do Carballiño que "Marina Ortega era coñecedora dos criterios que o ADIF manexaba dende o mes de maio do 19 sobre a privatización e que se referían a esixencia para o adxudicatario sobre” garantía de horarios, a atención ao público, venda de billetes e servizos básicos”, incluso se dicía daquelas por parte do ADIF que se melloraría a atención ao público , pois se faría mais eficiente e eficaz que o que se viña facendo con persoal propio do ADIF".

No seu relato, os populares tamén afirman que "no mes de agosto do 19, estes criterios que o ADIF marcaba como fundamentais no concurso público, foron recorridos por unha empresa do sector e o 20 de setembro o ADIF, RESOLVE que os conceptos que antes eran obrigatorios de atención ao público e venda de billetes e servizos básicos, desaparecen e continúan co proceso de adxudicación e xa desaparecía esa obriga de atención ao público".

Tamén asegura con rotundidade o Partido Popular que "isto todo, Marina Ortega Deputada nas Cortes polo PSOE, sabíao, e por tanto tamén o sabía o Alcalde do Carballiño, que o sabería tanto por terllo comunicado Marina Ortega, como por terllo comunicado o ADIF, na mesma reunión onde lle garantiron a gran noticia de que un mecánico viaxaría en cada tren nos viaxes Ourense/Carballiño".

O ADIF tiña que ter paralizado o procedemento de licitación desta privatización, toda vez que non se garantíaa o servizo de información, atención a clientes, venda de billetes e servizos básicos complementarios nas estacións de ferrocarrís, entre as que se atopa O Carballiño, ou senón, garantir que o seguirían a facer eles cos seus propios medios,entende o PP carballiñés.

Marina Ortega, manifestan, "tiña que ter informado ao Pleno do Carballiño, do que participou como Concelleira do Carballiño durante 4 anos logo da decisión do ADIF do 20 de setembro do 19 de sacar a obrigación de atención ao público e venda de billetes para que o Pleno do Carballiño tivera marxe de manobra".

"Pero Marina, tamén perdeu a mellor oportunidade de dicir o día 3 de outubro ante a veciñanza e ante moitos dos concelleiros do PSOE da Comarca do Carballiño, que non só nos quitarían a luz ese día senón que tamén nos quitarían a atención ao público e a venda de billetes.
Débese de facer con urxencia, a adopción de acordo plenario, que intente recuperar a normalidade deste servizo, aínda que a estas alturas non sexa máis que un xesto formal que represente a toda a poboación, cousa distinta sería telo feito, no momento que ADIF abandonou a obriga no concurso de atención ao público e venda de billetes na estación, pero temos que tentalo",lamenta o Partido Popular.

Finalmente, no grupo popular no concello do Carballiño esperan que o ADIF retome esta decisión, e agradecerían a Marina Ortega que se postule a favor do seu pobo por moito que lle moleste ao PSdG-PSOE.