Marnotes anuncia, ante a presenza de Caballero, que a festa do pulpo 2013 se dedicará a Vigo

12, Agosto 2012

A Festa do Polbo do ano 2013 estará dedicada a Vigo, asi o anunciou minutos antes de dar incio o xantar deste ano o Alcalde Argimiro Marnotes "esta é a nosa idea e estámolo cumplindo, dar a coñecer todos os anos a quen se lle vai dedicar a festa o ano seguinte".

"Dedicarlle a festa a Vigo é un acto de xustiza, despois de terlle dedicado outros anos a festa a outras cidades galegas, de todos é coñecida a gran interrelación de Ourense e O Carballiño con Vigo, aquí mesmo temos hoxe a moitos vigueses gozando da nosa festa do pulpo", manifestou o alcalde carballiñés.

A decisión do Concello do Carballliño, gobernado polo Partido Popular, de dedicarlle á festa a un municipio gobernado polos socialistas, suscitou múltiples comentarios conforme se ía coñecendo a noticia. Non obstante, o propio Alcalde de Vigo, Abel Caballero, que acudiu ao xantar no recinto oficial remarcou que "a cooperación institucional debe estar por enriba independientemente das pertencias políticas, somos alcaldes de 2 concellos que quermos o mellor para os nosos municipios e o ano que ven brindarémos por Vigo e O Carballiño, estarémos encantados de estar aquí, agora temos un ano por diante para traballar e preparar a festa do ano que ven", dixo.

A presenza de Caballero non pasou desapercebida e concitou moitas miradas entre as mesas máis próximas a onde sentou a xantar o rexedor vigués. A máis próxima desas mesas estaba precisamente ocupada polo grupo municipal socialista do Carballiño, ningún dos seus integrantes se achegou ata Caballero para saúdalo. Ao final, cando Caballero xa se dispoñía a abondonar o recinto, o Alcalde do Carballiño acompañouno atá a mesa onde estaban os integrantes do grupo muncicipal socialista, e daquéla tivo lugar ese saúdo protocolario.