Marnotes, elexido por unanimidade novo Presidente do PP carballiñés

3, Xullo 2010

Desde logo que  moi poucas veces una votación pode resolverse cunhos resultados como os que Argimiro Marnotes obtivo, 155 votos a favor de 155 emitidos, unanimidade, algo atá agora descoñecido na traxectoria do Partido Popular do Carballiño. Os 155 afiliados do PP carballiñes que se achegaron atá a casa da cultura para participar neste proceso electoral interno representan o 71% do total de afilidados do partido no Carballiño que tiñan dereito a participar na votación, é decir, que  as súas cuotas de afililado  estaban ó dia no momento da convocatoria do congreso. Marnotes xa reunira 296 avales para a súa candidatura, a única que reuníu o mínimo de 50 avales que se requerían. A nova executiva local do Partido Popular, agora xa con Marnotes á cabeza, está integrada por un total de 45 persoas, entre as que figuran membros da anterior executiva que presidía Guillermo Fernández, e incluso de executivas anteriores que regresan ó órgano de dirección local do partido, e tamén algunhas caras novas, que se suman a este novo proxecto dos populares carballiñes.