Marnotes sobre Rajoy "nunhos dias un fillo ilustre do Carballiño será Presidente do Goberno de España"

6, Novembro 2011

O Alcalde do Carballiño foi o encargado de abriu o mitín do Partido Popular no auditorio do Carballiño, primeiro que se celebra na localidade nesta campaña electoral,  que rexistrou un cheo total de público. Portando na man un libro de imaxes biográficas de Mariano Rajoy, Marnotes lembroulles aos presentes que "aquí están fotografias do Carballiño das que Mariano Rajoy falou con moito cariño, igual que cando xa estivo aquí entre nós coa muller que o cuidou de neno, recordando como foi aquí no Carballiño onde tivo o seu primeiro dia de escola, igual que fai pouco nos acompañaba na festa do pulpo, porque síntese veciño do Carballiño, porque nunhos dias un fillo e veciño ilustre do Carballiño será Presidente de España". Desta maneira recordaba Marnotes aqueles anos da infancia qie o Candidato do Partido Poipular pasou no Carballiño. Despois, o Alcalde referíase aos primeiros meses de goberno municipal  "o cámbeo que chegará a España xa chegou fai unhos meses O Carballiño, e xa melloramos a recollida do lixo, encargamos unha auditoria, estamos traballando para mellorar o transporte con Ourense, formando a 150 persoas en distintos cursos, e mañá mesmo -anunciou- aprobarémos no pleno da Corporación a conxelación da taxas municipais, como o recibo da auga, para o ano 2012"".

Despois, tomou a palabra o Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Baltar, que comezou a súa intervención felicitando a Marnotes "por esa gran maioria absoluta lograda no Carballiño polo Partido Popular, e tamén temos por esos magníficos resultados en todos os concellos do partido xudicial do Carballiño". O Candidato nº 1 ao congreso pola provincia de Ourense, Celso Delgado, amosou a súa preocupación "polas 54 empresas do Carballiño e os moitos autónomos que desapareceron nos últimos 4 anos, e tamén me preocupan esos 1.239 traballadores en paro que hai no Carballiño", dixo.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que no debate de mañá "estará con Rajoy a realidade dos españois e ao outro lado, o de Rubalcaba, o disimulo, os tópicos e a ciencia ficción, e dun lado estarán estes oito anos que podemos converter en pasado e doutro o futuro que precisamos".

 Segundo o líder do PPdeG, mañá escoitaremos no debate, na metade do tempo, verdades e realidades, e na outra metade de tempo  "unha película de ciencia ficción como a que nos contaron estes anos: carísima e cun elenco de excepción constituído por Zapatero, Rubalcaba e Blanco. Trátase, pois, da mesma película de ciencia ficción que contou o Goberno socialista mentres o que de verdade sucedía era un drama", enfatizou.

 Así se expresaba o líder do PPdeG no seu mitin carballiñés, onde engadía que "no debate de mañá seguramente os dun partido dirán unha cousa e os do outro, outra distinta, pero o que é seguro é que os cidadáns son os gañadores do debate de mañá porque por fin se tratará sobre o que durante catro anos se quixo negar; porque un e outro, aínda que de diferente xeito, coincidirán en que non se pode volver repetir un Goberno como o que temos vivido estes anos e, sobre todo, porque dentro de quince días todos poderemos votar polo cambio".

 O presidente do PPdeG apuntou que "non  é máis ciencia ficción o que precisa España senón verdades; non é intrigas o que se precisa senón certezas; non é amnesia senón sentido común; non é o pasado que non debemos volver repetir senón o futuro ao que debemos aspirar; non é un partido desorientado senón un Goberno; e non é un contacontos, senón un Presidente –coma Rajoy- que conte con todos".