Maside programa cine, pasarrúas, concertos e outras actividades en substitución das Festas de San Vitorio. As celebracións relixiosas serán ao aire libre, no parque do feiral.

25, Agosto 2020

As actividades programadas polo concello masidao deron comezo o pasado sábado co espectáculo de Dar Trela "Risoteatria" e teñen continuidade coas Noites de Cine, ás 21:30 na Praza Maior coas proxeccións das películas "Angry Birds 2", "Padre no hay más que uno" e "Spirderman-Lejos de casa".

O xoves 27 é festivo de carácter local no concello de Maside, e as 13 horas procederáse a izar a nova bandeira oficial no balcón do consistorio. Ademáis, neste mesmo dia de San Vitorio as bombas de palenque anunciarán ás 10 da mañá a festividade, que terá misa solemne ás 12 do mediodia ao aire libre, no parque do feiral de Maside, ao pe da igrexa parroquial.

A Banda de música A Lira de Ribadavia ofrecerá pasarrúas e un concerto ás 13:30 horas na Praza Maior, mentres que a charanga Castro Bello animará as rúas dende as 19 ás 24 horas, tamén acturán grupos locais na tradicional tarde de folc e troula.

Xa o venres 28, os masidaos gozarán dos pasarrúas matinais da Banda de Música de Boborás, que despóis dará un concerto ás 13:30 horas na Praza Maior. Dende as 19 horas máis música coa charanga CLK, e as 23 horas un concerto na rúa principal de Maside do grupo "The Impossiblues". Unha sesión de fogos artificiais á medianoite completará este programa de actividades organizado polo concello de Maside en substitución das Festas de San Vitorio, que este ano non se celebran debido á pandemia do Covid 19.