Maside recupera o desfile do lúns de entroido, con felos, comparsas e as carrozas de Parada

15, Febreiro 2022

Maside sí terá desfile de entroido, asi ven de comunicalo o concello masidao "tras unha reunión mantida coas distintas comparsas tanto do municipio como do resto da comarca do Carballiño, decidiuse celebrar un ano máis o desfile de entroido", que terá lugar polo tanto o lúns dia 28 de febreiro a partir das cinco e media da tarde.

Ademáis da figura senlleira do antroido masidao, os felos de Garabás, tamén confirmaron a súa participación as 3 comparsas do muninicipio, como son Os Arrieiros de Dacón, Os Silleiros e Os Azucarados de Maside, asi como as comparsas de Partovia e As Neves de Grixoa, e outras que poderían animarse a participar, asi como as sempre espectuculares carrozas de Parada de Amoeiro, que cada ano nesta data visitan a vila de Maside.

Dende o concello de Maside animan a toda  veciñanza a adornar casas, camiños, prazas, e enviar fotos ao Whatsapp 608 242 210, para colganas nas RRSS e na WEB do concello.