Maside suprime a taxa e autorizará unha ampliación do 100% das terrazas e pon en marcha un programa para axudar a manter a actividade comercial e empresarial

4, Maio 2020

O programa "Avanzando Xunto, Maside" conta co aval conxunto dos dous grupos que integran a corporación municipal, PSdeG-PSOE e Partido Popular.

O alcalde José Manuel Iglesias espera que con esta serie de medidas se manteña ou mesmo poida potenciarse  a actividade comercial e empresarial do municipio masidao.

As axudas tamén van dirixidas á familias que "por motivo do covid-19 viran afectado o seu emprego e os seus ingresos familiares.

Asi, desta maneira, poderá fraccionarse o pagamento do IBI e o imposto de circulacíón de vehículos, e poderá retrasarse o cobro de taxas municipais, como as de abastecemento de auga.

Ademáis exímese do pago de taxas por inactividade aos autónomos e o sector da hostalaría.

Precisamente, e no transcurso dunha reunión cos hostaleiros, os responsables municipais comunicáronlle que se suprime este ano a taxa por ocupación de vía pública, e ademáis concederáse permiso para ampliar ata o 100% a maiores a superficie da que poderán dispoñer, comprometendose o concello a realizar tarefas diarias de desinfección nas áreas ocupadas polas terrazas e as fachadas dos distintos locais da hostalaría masidá.