Matachíns e carniceiros piden a reapertura do matadoiro municipal

22, Abril 2014

Entregaron un escrito no rexistro municipal con 41 sinaturas dos profesionais do sector no Carballiño e comarca no que piden a reapertura das instalacións.

O matadoiro permanece sen actividade dende finais de 2012, daquela xestionado aínda pola empresa "Carnes de Carballiño" por medio dunha concesión administrativa que xa non estaba en vigor. Unha avería na caldeira foi o detonante que motivou o cerre das instalacións.

Os extraballadores do matadoiro recordan que "fai catro meses que se presentaba o proxecto co Clúster da Carne de Galicia, era o enésimo proxecto que se nos presentaba e asegurandonos que o 15 de Xaneiro estaríamos traballando, pero a realidade é que o próximo dia 3 de Maio cumpliranse 20 meses co matadoiro pechado, queremos unha solución xa".