Matar por Matar Non denuncia que continúan as matanzas de cans na canceira municipal e pide unha investigación

10, Novembro 2009

O grupo ecoloxista cita a existencia de "documentos oficiais que proban como na canceira do Carballiño, entre os meses de marzo, cando se descubriron  ducias de cans mortos violentamente e enterrados nunha fosa con cal, e o mes de xuño, foron sacrtificados outros 55 cans". Según esta nova denuncia de Matar por Matar Non, trataríase polo tanto "da metade dos que sobrerviron a primeira matanza". Os ecoloxistas consideran que se no primeiro caso o asunto foi de gravidade extrema, neste segundo episodio e tendo en conta as numerosas xaulas desocupadas e o escaso número de cans que sobreviviron, a situación toma tintes dramáticos e escandalosos, e detrás da mesma estaría "ou ben algún tipo de desalmado que por non levar traballo mata os cans, ou que estos crueis acontecementos responden a unha intencionalidade de resolver o problema e os gastos da canceira, mediante o sistema de eliminar os cans alí recollidos". Ademáis, dase a circustancia que nos últimos meses apenas se están recollendo animais, nin no Carballiño nin no resto da Comarca. De feito, nas últimas semanas numerosos cans abandonados andan soltos, tanto polo casco urbano como polos arredores. Desde Matar por Matar Non, pídese que se investigue a identidade de quen se cree con inmunidade de desafiar á lei, a Garda Civil, e incluso ó proceso por maltrato animal con resultado de morte que segue aberto no Xulgado do Carballiño. Finalmente, os ecoloxistas, que puxeron novamente estos feitos en coñecemento do Seprona, fan un chamamento ós responsables do novo goberno municpal do Carballiño para que abran unha investigación que aclare esta segunda matanza nestas instalación muncipais, ó tempo que se reactive a comisión de investigación pendiente, porque actúar doutra maneira "convertiraos, non só en cómplices, senón tamén en encubridores dunha das maiores ignomias cometidas contra animais indefensos en calquera lugar do noso país"