Medio centenar de afeccionados desprazados dende Cantabria apoiarán ao Naval de Reinosa este mércores en Espiñedo

27, Setembro 2022

O campión cántabro da Copa Federación que xa está dende a tarde do martes no Carballiño non estará so este mércores en Espiñedo, xa que serán máis dun centenar de afeccionados desprazados en autocar dende Reinosa os que apoiarán neste partido ao Naval, rival do Arenteiro en dezaséisavos de final da Copa RFEF.

O encontro comezará as 20:30 horas e a última hora do martes o Club carballiñés xa despachara máis de 250 entradas en venda anticipada, polo que se agarda que Espiñedo presente unha boa entrada para animar aos verdes, que chegan a este partido en bo momento, e tras gañar os dous últimos partidos no campionato da Segunda Federación. Pero xa se sabe que os partidos de copa son diferentes, e por eso as confianzas deben ser mínimas ainda que desta vez o Arenteiro parte coa vitola de favorito nesta eliminatoria a partido único.