A melloría do tempo leva ao concello a reconsiderar a suspensión e anuncia a celebración da Cabalgata de Reis

5, Xaneiro 2018

Ante a última previsión meteorolóxica, que anticipa unha mellora do tempo a partir das 5 da tarde, o concello informa que os Reis Magos efectuarán un recorrido, a partir das 17,30 h., polas principais rúas da vila nas súas carrozas máxicas. Noutronte, os resposables municipais acordaran suspender a cabalgata ante a previsión de mal tempo para esta tarde de venres.

Este recorrido da cabalgata comezará no barrio da Uceira e seguirá pola rúa Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón, Ribeiro, Cruce de Ribadavia. Rúa do Paseo e Curros Enríquez, e finalizará no auditorio municipal, ondeterá lugar a recepción dos Reis.

A chegada das carrozas ao auditorio está prevista para as 18,30 h, aproximadamente. Durante o recorrido, haberá música en directo do dúo Canela Cafuné, e repartiransemilleiros de golosinas aosnenos e nenas que presencien a caravana e se acheguenao auditorio.

Así mesmo, haberá unha actuación especial da escola municipal de danza.