Mensaxe do Rei Melchor "recibimos moitas cartas por internet e gustaríanos que nos chegasen máis a través do comercio local, por un O Carballiño con futuro"

5, Xaneiro 2020

Unha mensaxe con moita mensaxe, a do rei Melchor dende o balcón da casa do concello a todos os nenos e nenas do Carballiño, e un recado para mamás, papás e abós "este ano temos que decirvos que recibimos moitas cartas por  internet, e gustarianos que nos chegasen moitas máis a través do comercio local, por un O Carballiño de futuro", unha mensaxe que foi respondida con aplausos dende o público concentrado na Praza Maior.

Antes, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega fixo pública unha confesión que lle transmitiran os magos de Oriente "dixérnome que os nenos do Carballiño sodes maravillosos, os mellores do mundo, e sódelo porque os vosos papás e mamás tamen o son", e tamén mereceu aplausos.

Pero sen dúbida cando máis parabéns se escoitaron na cabalgata de reis deste ano no Carballiño foi ao rematar o espectáculo de benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar, na torre da Veracruz, tras unha pequena sesión de fogos artificiais resaltada pola beleza e arquitectura do monumento.

Un espectáculo que foi seguido por varios miles de persoas dende a rúa Evaristo Vaamonde, onde partíu a comitiva real para o tradicional percorrido polas rúas máis céntricas do Carballiño.