A mesa de coordinación contra a violencia de xénero percibe maior sensibilidade contra esta eiva social

21, Xuño 2014

A mesa de coordinación contra a violencia de xénero mantivo unha nova reunión no Carballiño, á que asistiron os representantes da Garda Civil, Policía Local, Subdelegación do Goberno, Centro de Orientación Familiar(COF), así como do Centro de Información a Muller do Carballiño, e a edil responsable da área de Igualdade do concello carballiñés, Purificación Alberte.

Entre as conclusións que se sacaron tras avaliar os datos deste primeiro semestre de 2014, é que todos os expedientes abertos no Carballiño de violencia de xénero teñen a correspondente denuncia, o que é un dato positivo no que respecta á concienciación das vítimas de denunciar estes feitos, algo que anteriormente era moi difícil conseguir.
Todos os asistentes coincidiron en destacar este feito, considerando que supón un paso adiante na loita contra esta eiva social.