Mesego celebrará o xoves dia 27 a verbena suspendida pola chuvia este pasado domingo

24, Agosto 2015

A xornada "invernal" do pasado domingo levou a comisión de festas de Mesego a suspender a verbena da "XLVI Festa da Empanada".

Tras a negociación coas orquestras que estaban contratadas para actuar en Mesego este pasado domingo, "Triunfo" e "Gran Parada" actuarán no campo da festa de Mesego nunha verbena que se celebrará este próximo xoves dia 27.