Mondariz CF 0-3 CD Arenteiro

22, Marzo 2015

Os verdes realizaron unha primeira parte primorosa na que borraron do campo ao equipo local, deixando o partido visto para sentencia co 0-3 no minuto 38, tras un gol de Manu e dous de Sanginés. Con esta victoria en Mondariz, o Arenteiro encadena nove partidos consecutivos sen perder e achegase ao obxetivo da permanencia, con 44 puntos.

CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Carlos Escudero, Lois, Pana, Dafonte, Martín, Manu, Sanginés, Choco e Brais. Tamén xogaron Bardelás, Victor Gallego, Ocampo e Dani Vázquez.

Goles:

1-0. Minuto 16. Balón a media altura ao vértice da área grande, e tal como ven Manu conecta un tiro perfecto á escadra da portería local. Golazo.

0-2. Minuto 35. Magnífica combinación da dianteira verde que culmina Sanginés, escorado e con moi pouco ángulo, para axustar o balón ao segundo pau. Golazo

0-3. Minuto 38. Outra vez Sanginés, vaise por velocidade de dous defensores e bate ao porteiro local na súa saída colándolle o balón dun tiro raso e axustado. Golazo.

O Partido: De total superioridade do Arenteiro desde o inicio ata o final. Xa no minuto 3 o porteiro local nunha magnífica intervención evitou o que pudo ser o primeiro gol da tarde, pero nada pudo facer despois ante o enorme tiro á escadra de Manu e as dúas perfectas definicións de Sanginés que sentenciaron o encontro antes do descanso. Na segunda parte, os locais intentaron meterse no partido, pero sen acerto. Xa no último cuarto, un cabezazo ao traveseiro de Choco e un gol anulado ao Arenteiro, non se sabe moi ben o motivo, puderon siñificar un marcador aínda máis amplo a favor dos verdes.