Mondariz C.F. 3 C.D.Arenteiro 3

20, Xaneiro 2013

O C.D. Arenteiro non soubo resolver un encontro no que foi sempre por diante no marcador e rematou empatando, os carballiñeses poideron sentenciar durante unha primeira parte que dominaron claramente, sen embargo tras o descanso pasou de dominador a deixarse dominar e ao final pagouno perdendo dous puntos.

C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Xurxo, Dabarca, Escudero, Iago, Pablo Piñeiro, Dacosta ( Marcos Sotelo ) ( Bardelás ), Kennedy, Martín e David Soares.

Comentario: Paradoxicamente,  o Arenteiro non soubo xogar a favor de marcador. Tras unha primeira parte na que foi claramente superior aos locais, creando varias ocasións de gol que desperdiciaron unha e outra vez os dianteiros carballiñeses, houbo que esperar ao minuto 40 para que Kennedy adiantase ao Arenteiro, que se foi co 0-1 ao descanso. No segundo periodo o partido cambeou radicalmente, o Mondariz pasou a dominar e ser o equipo que creaba perigo, tras dous balóns dos locais ao poste, chegou o empate no minuto 25 deste segunda parte. Un minuto despois, Iago volvia poñer ao Arenteiro por diante ao cabecear un saque de esquina. Incompresiblemente,  o Arenteiro volveu recuar atrás e propiciou novamente o dominio local, co que chega o empate a 2-2 no minuto 38 de partido. Cando parecía que todo o peixe estaba vendido, aínda chegarían outros goles, ún por cada equipo e ambos de penalti.  O primeiro cometido sobre David Soares que se encarga de tranformar Dabarca no 2-3, o segundo a favor dos locais pitado a Pablo Piñeiro, que foi expulsado. O lanzamento é rexeitado por Macia, pero practicamente na mesma xogada chega o empate. Unha magoa e unha oportunidade perdida para o Arenteiro.