Montes e Amil presentaron o Plan FEIL para o 2010 no Concello do Carballiño

13, Xaneiro 2010

O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes e mailo 1º Tenente Alcade e Concellleiro de obras do Carballiño, Manuel Amil, presentaron un adianto dos proxectos que o Concello Carballiñés desenvolverá durante este ano 2010 con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local, cun orzamento de millón e medio de euros. Montes e Amil coincidiron en destacar o cámbeo na filosofia deste novo plan, xa que se o ano pasado  apostouse polos grandes proxectos -como a reforma das piscinas municipais- que se levaron gran parte dos recursos -dous millóns catrocentos mil euros no 2009- mentres que para este ano optouse por actuacións máis repartidas. Para obras de infraestuctura resenvanse 350 mil euros, destinados á reposición da rede municipal de abastecemento de auga na parroquia de Partovia, a obra de reforma que se executará no túnel de 25 de Xullo e a rúa Serra Martiñá, para resolver a problemática das inundacións; e finalmente, o proxecto de reposición de infraestructuras soterradas e mellora da seuguridade vial na rúa Virtude. Para políticas sociais están contemplados 300 mil euros, que posibilitarán a contratación de 25 traballadores para atender as necesidades dos distintos departamento muncipais. Outro capítulo importante será o das novas tecnolóxias e o afooro enerxético, con varias actuacións nas que se investirán 360 mil euros.