A mostra "22 anos ollando estas terras" reúne no auditorio creacións de 30 artistas

20, Decembro 2017

A mostra de arte “22 anos ollando estas terras”, que organiza o Centro de Estudios Chamoso Lamas en colaboración co concello do Carballiño, pode visitarse diariamente na sala de exposicións do auditorio municipal Manuel María.

Na exposición, que estará aberta ata o 15 de xaneiro, amósanse mais de medio cento de pinturas,fotografías, esculturas e creacións dunha trintena de artistas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Os horarios de visitas son de 18,00 a 21,00 h., de luns a venres, e de 11,00 a 13,00 h., os sábados, domingos e festivos.