A "Mostra de Teatro Amador" de Tiruleque amplia o seu cartel e ofrece este ano oito espectáculos

28, Setembro 2017

Por diante temos un mes de Outubro, que se prolongará aínda ata a primeira fin de semana de Novembro, co teatro como o gran protagonista na axenda cultural carballiñesa.

Trátase da "X Mostra de Teatro Amador" que neste tempo de outono organiza "Tiruleque Grupo de Teatro", coa colaboración tanto do Concello do Carballiño como da Deputación de Ourense. No acto de presentación participaron membros de Tiruleque, co seu director Pepe Prada á cabeza, asi como o concelleiro de cultura Diego Fernández e a deputada provincial Teresa Cerdeira.

As oito representacións teatrais desenvolveránse no auditorio municipal do Carballiño os domingos, tamén algúns sábados, sempre en horario de oito da tarde.

Podes descargar o programa no arquivo adxunto: