A Mostra de Teatro Amador organizada por Tiruleque achega a O Carballiño nove espectaculos nos dous próximos meses de outubro e novembro. Consulta aquí a programación.

30, Setembro 2024

Tiruleque Teatro organiza unha nova edición da XVII Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón", que apoian o concello do Carballiño, representado no acto de presentación deste festival polo concelleiro de cultura Diego Fernández, e a Deputación de Ourense, que desprazou ata O Carballiño ao deputado de cultural, César Fernández.

O programa ábrese o dia 5 de outubro con "YALLAH! YALLAH! de "La Caja de Pandora". O Festival, no auditorio do Carballiño prolongaráse ata o 17 de novembro, sempre ás oito da tarde e con esta programación:

12 de outubro: "Soño dunha noite de verán", da Aula de Teatro da Universidade de Vigo.

13 de outubro: "O traballo de Andrea", do Colectivo Cultural Ollomao.

19 de outubro: "VEREDICTO", a cargo de Cambre Teatro Amador.

20 de outubro: "Deus non quere calderilla", da compañía The Sastre.

1 de novembro: "Entrañas Negras", de Disfunción Continua Teatro.

2 de novembro: "REFACHO", do grupo teatral Ateaco.

9 de novembro: "Un mal dia", de Namarella Teatro.

17 de novembro: "Sombras na noite", de Champá Teatro.

Ademáis, o Festival tamén programa actividades paralelas, en concreto o obradoiro o 6 de outubro "A imaxe e o son de Lexis e a Timia, con Ermel Morales. Xa finalmente, o 3 de novembro "Descubrindo o teatro", con Marina Carballal.