Move Boborás considera que a adquisición municipal da finca da Almuzara "foi un pelotazo urbanístico en toda regla"

9, Febreiro 2012

O proxecto anunciado polo Alcalde de Boborás para a construcción dun tanatorio e vivendas de promoción pública nos terreos municipais da Almuzara foi obxeto de diversas criticas desde o grupo de Move Boborás por medio do seu concelleiro José Benito González Trigás.

Move Boborás considera que esta ubicación non é a máis axeitada para a construcción de vivendas, e no seu lugar debería promoverse como prioridade a construcción dunha residencia xeriátrica, tendo en conta que o 50% da poboación de Boborás é maior de 60 anos. José Benito Trigás recordou, ao referirse aos citados terreos "o que non dixo o Alcalde foi que pagaronse case 20 millóns de pesetas  hai case 10 anos, foi un pelotazo urbanístico en toda regla, porque por 20 millóns de pesetas na Almuzara por un monte no que non se pode construir, eso non o cree nadie, por 20 millóns compranse os montes de medio Boborás".

O Concelleiro de Move Boborás amosou tamén outras sospeitas relativas á xestión do Alcalde Cipriano Caamaño "temémonos que algunha operación máis dese estilo con algún amigo non sei si se estará facendo, hai que esperar un pouquiño, a ver se o tanatorio o fai onde dí él ou ten outra alternativa, a ver se tamén farán falta outros 20 millóns". Noutro momento da súa intervención en COPE O Carballiño o concelleiro volveu a referirse  á vivenda do Alcalde construída na Almuzara "en solo rústico, eso non debe facelo nunca un Alcalde, un delincuente urbanístico, e decia algún veciño que era a 2ª residencia, e nos temos documentado que non é a segunda, é a quinta, Cirpiano é un Alcalde millornario, ten 5 propiedades inmobiliares, ésta é a quinta documentada, aínda que sospeitamos que hai máis", afirmou.

José Beinto González Trigás tampouco comparte a idea de ubicar na Almuzara a zona industrial do Municipio "en calquera outro sitio menos ahí", dixo, explicando que estaría cerca dun rio "ao que irían os verquidos, e ademáis alí cerca están as augas termais, e ese debe ser o futuro de Boborás". Non obstante parecelle necesaria a construcción do tanatorio aínda que para Move Boborás debería ser un servizo que o concello prestara mediante concesión ás empresas funerarias do municipio.