Multitudinaria despedida ao Ex-Concelleiro Edelmiro Mateo

21, Decembro 2011

Centos de persoas rendiron hoxe unha homenaxe de despedida a Edelmiro Mateo Prado, un dos 7 feridos graves no incendio do pasado 12 de novembro, falecido este pasado lúns no hospital Povisa. A conducción desde os Velorios San Ramón e o funeral no Templo da Veracruz convertironse nunha masiva manifestación de despedida a quen foi durante 20 anos Concelleiro da Corporación Municipal do Carballiño,

Desde o pasado lúns, cando se instalou o velorio, sucederonse as mostras de condolencia á súa familia e ás 4 da tarde deste mércores 21 de decembro saíu a conducción, acompañada por varios centos de persoas, entre elas unha moi numerosa presenza do mundo da política.

Detrás do vehículo fúnebre,  os fillos do finado, José Edelmiro e Ramón Antonio, ós que acompañaban familiares e amigos, e moi preto o Ex-Alcalde e Secretario Xeral do PSdeGa Pachi Vázquez e a súa Dona Maria José Pérez, asi como o Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes, e numerosos concelleiros, alcaldes e ex-concelleiros, tanto do Carballiño como doutros concellos das comarcas do Ribeiro e  O Carballliño. Tamén se achegaron outros persoeiros´políticos,, como o Subdelgado do Goberno Camilo Ocampo e o Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.

Tralo funeral celebrado no Templo da Veracruz, o cortexo fúnebre dirixíuse ó cemiterio da Parroquia de Xurenzás, da que era natural Edelmiro Mateo, onde recibiu sepultura e xa Descansa en Paz