Nace a Asociación "Adro Novo" para a defensa da Veracruz e o seu entorno

3, Marzo 2011

O historiador, museólogo e estudioso da Veracruz, Felipe-Senén López Gómez, é un dos promotores da nova asociación, e moi probablemente, podería ser tamén o seu primeiro Presidente. A nova asociación cultural nace no entorno da "plataforma cidadán pola defensa do legado de Evaristo Vaamonde", cosntituída no  mes de outubro do ano pasado, para esixir a reforma do proxecto de acondicionamento da praza que rodea o Templo da Veracruz, opoñendose á obra que se està executando por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia. Agora, un grupo de persoas vencelladas a esta plataforma, entre as que se atopan varios membros da familia Otero, descendentes de Adolfo Otero, constructor da Veracruz, apostan pola fundación dunha asociación cultural aberta ó cunxunto da veciñanza e que terá como finalidade primordial a defensa da obra de Palacios, tanto do monumento coma do seu entorno. Ademáis, tamèn promoverá todo tipo de  iniciativas de defensa do patrimonio histórico-arttístico do Carballiño, asi como todo tipo de actividades que contribuian á dinamización cultural do Carballiño. Entre esas iniciativas inmediatas, estarán os actos conmemorativos do 50 cabodano do pasamento de D. Evaristo Vaamonde, o párroco do Carballiño finado en 1962, promotor da construcción da Veracruz.