Nace a Escola de Fútbol "Terras de Maside"

20, Xuño 2019

O concello de Maside amplia a súa oferta de esocolas deportivas municipais, ás xa existentes de fútbol-sala, baloncesto e atletísmo, suma agora unha nova proposta, nace a escola municipal de fútbol "Terras de Maside".

Trátase, polo tanto, dun novo proxecto para fomentar o deporte de base, neste caso na modalidade de fútbol.

O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, subliñou que este proxecto nace "para atender unha demanda manifestada por moitas familias de Maside,que ata agora tiñan que trasladarse a O Carballiño ou Santa Cruz de Arrabaldo, para practicar o fútbol".

Os promotores e colaboradores da nova Escola de Fútbol de Maside, o centro escolar CEIP "Terras de Maside" e o Maside FC, destacaron que este proxecto "axudará a que os rapaces aumenten o seu sentido de pertencia ao pobo e concello de Maside".

Maside contará cunha escola que aunará o deporte de base das distintas categorías:

.- Prebenxamín (2012/2014)
.- Benxamín (2010/2011)
.- Alevín (2008/2009)
.- Infantil (2006/2007)
.- Cadete (2004/2005)
.- Xuvenil (2001/2003)

Esta escola contará con adestradores titulados, que formarán e adestrarán ós cativos para a competición federada, así como a súa participación en ligas e torneos de futbol.

A súa labor comezará no mes de setembro, e nestes momentos está aberta a inscrición para todas aquelas persoas interesadas. Máis información en www.edterrasdemaside.com.