Nace a plataforma "S.O.S. O Carballiño" para aglutinar a "todas as persoas comprometidas co Carballiño"

27, Setembro 2018

Os promotores da nova plataforma cidadán pretenden integrar a todo tipo de persoas preocupadas polo que -entenden- é o actúal retroceso que no ámbito comercial, social e económico, e de servizos públicos, está afectando nos últimos anos a O Carballiño, e que se manifesta incluso no retroceso de poboación, tal como constata o descenso no padrón municipal de habitantes.

Entenden que se está producinco unha certa parálise na dinámica social e mesmo política, incapaz de xerar sinerxias que revirtan esta situacion.

En definitiva, comparten a idea e tamén a súa precupación pola que definen como unha situación de deterioro e declive que en moitos aspéctos está sufrindo  O Carballiño, polo que é necesaria "unha nova voz", manifestan.

Defenden que o único obxetivo do novo proxecto é comprometerse co Carballiño e o seu futuro. Entre os promotores figuran algunhas persoas que xa tiveron vinculación con grupos políticos, asi como veciños e veciñas relacionados co movemento asociativo, autónomos e pequenos empresarios.

A presentación de "S.O.S. O Carballiño" será o sábado dia 6 de Outubro ás 20:30 na casa da cultura do Carballiño, nunha convocatoria pública e aberta a toda a veciñanza.