Normalidade e escasa incidencia da folga xeral no Carballiño

29, Marzo 2012

Na administracción local, do total de 150 traballadores que forman o cadro de persoal laboral e funcionarios do Concello do Carballiño tan só 3 sumáronse á xornada de folga.

A hostelería e o comercio abriron nos seus horarios habituais, e salvo algunhos poucos que permaneceron pechados durannte a mañá, os establecementos comerciais tiveron unha xornada con absoluta normalidade, sen que se rexistrasen incidentes.

No parque empresarial do Carballiño, a empresa con maior número de traballadores -Aplicarmetal- traballou con normalidade, dun total de 260 traballadores secundaron a folga 78, o que representa o 30%, según os datos facilitados pola Dirección de Recursos Humanos da citada empresa.

Na administracción autonómica os datos de participación na folga son bastante desiguais. No centro de saúde do Carballiño acudiron aos seus postos de traballo a maioria dos sanitarios, aínda que a afluencia de pacientes foi bastante inferior a doutros dias.

Na ensinanza púlbica, a maior porcentaxe de apoio á convocatoria rexistrouse no IES nº 1, onde sumaronse á folga 24 dos 46 profesores do centro, o que representa o 52%. Inferior foi a participación entre o profesorado do IES Chamoso Lamas,  tan só participou na folga o 33% do profesorado, 20 ensinantes dos 60 que traballan neste centro.