A nova cúpula directiva do C.D. Arenteiro traballa na contratación de reforzos para o equipo

5, Xaneiro 2011

A Xunta xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" tén moi claro que deberán  chegar a Espiñedo futbolistas contrastados para complir o obxetivo de salvar a categoria, e con esta idea están a traballar contra reloxio, para poñer a disposición de Mindo ó menor tempo posible novas pezas para un Arenteiro que se quere seguir o ano que vén na preferente terá que gañar 12 dos 20 partidos que lle restan á competición, para deste maneira estar a salvo tanto dos postos directos de descenso directo como dos posibles arrastres. A marxe de erro para a segunda volta é bastante limitado e por eso os novos rectores do club saben que teñen que acertar coas fichaxes e buscar eses novos xogadores, que unidos ó grupo xa existente, deberán loitar para ir remontando postos na táboa de clasificación. Asi que ás últimas incorporacións que xa vimos en Espiñedo no partido contra o Verín, como foron o meta portugués Pedro Velho e o mediocampista marroquino Munir, poderían unirse de forma inminente novos futbolistas, que xa este pasado martes tomaron parte no primeiro adestramento da semana e con bastantes boas sensacións, trátase de futbolistas que proceden de equipos da 3ª división andaluza e asturiana, e da 2ª división portuguesa. Ademáis, o Presidente da Xestora mantiña esta semana contactos na Coruña para traer Ó Carballiño "un xogador relevante". Xa está tamén confirmado o regreso ó Arenteiro de Takón, que xa militou no club durante as últimas temporadas. En canto a nova cúpula directiva, acompañan a Cadavid, Antonio Nogueira, Maximino González e Toni Mateo, axudados polo resto da anterior directiva.