Nova tempada: o Arenteiro presentaráse o dia 20 de Xullo, con varias novidades no plantel

4, Xullo 2016

O Arenteiro 2016/17 comezará a traballar o mércores dia 20 de Xullo ás 20:30 horas no Estadio de Espiñedo, no que será a xornada de presentación e inicio das sesións de adestramento para preparar a súa participación na Preferente Galicia.

O equipo comandado na dirección técnica por Manel Vázquez, contará con 4 caras novas: as de Rubén Arce e Carlos De Dios, procedentes do CD Barco; Adrián Padrón, que chega dende o Bergantiños de Carballo; e Saúl Castro, que rematou a pasada tempada na SD Bande, a onde chegara dende o Verín. Son xogadores de categoria e experiencia constrastada, polo que se agarda moito deles.

Con eles, estarán os futbolistas que continúan da pasada tempada: Pachi, Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Dafonte, Bardelás, Iván Portos, Esteban, Cristian, Adrián Pol, Dani Vázquez, Vitti, Alberto Blanco e Dani Chimpín. Ademáis, o club espera poder "repescar" a Marcos Castro, que tivera que abandonar o equipo mediada a pasada  tempada por motivos profesionais.

No apartado de baixas, o club confirmou as de Martín Pérez, Sanginés, Marcos Sotelo, Aitor Martínez, Victor Gallego e Pana.