Nove empresas optan a facerse co contrato da xestión de abastecemento de agua e saneamento para os próximos 20 anos no concello do Carballiño. A licitación ascende a 60, 8 millóns de euros.
Foron nove as propostas recibidas unha vez que remataba o prazo para presentarse a esta licitación, unha delas resultará adxudicataria do contrato.
As empresas que presentaron as súas ofertas foron Acciona Agua Servicios, Espina y Delfín, Gestagua, GS Inima Environmet, Sacyr Agua e Viaqua, asi como as UTE Copasa-Geseco-Espina obras hidráulicas, Aqualia-Petrolam e Facsa-Oreco Balgón.
Cun orzamento base de licitación de 60.873.004,11 euros, impostos incluidos,o contrato extenderáse por un periodo de 20 anos. A xestión incluirá operacións, mantemento e modernización de infraestruturas hidráulicas, así como a implementación de tecnoloxías avanzadas, e comprende a xestión integral dos servizos de abastecemento de auga potable e saneamento no termo municipal do Carballiño, tanto no casco urbano como nas parroquial do rural.
As tarefas abarcan desde a operación de estacións de tratamento de auga potable e depuración, ata a detección e reparación de fugas en redes. A adxudicataria tamén será responsable da atención ao usuario, actualización de censos, facturación e elaboración de plans estratéxicos, como un Plan Director a cinco anos para optimizar recursos e infraestruturas.
En canto á oferta de melloras, a empresa adxudicataria poderá ofertar diferentes solucións innovadoras, como sistemas de telecontrol e xestión comercial dixitalizada, co fin de garantir a calidade da auga fornecida conforme a normativas vixentes. Así mesmo, comprometerase a realizar investimentos obrigatorios para renovar e ampliar infraestruturas, incluíndo a sectorización de redes e a instalación de novos contadores con telelectura.