Numerosa protesta contra as obras no entorno da Veracruz

8, Decembro 2010

O descontento existente no Carballiño polas obras no entorno da Veracruz púxose de manifesto na numerosa participación que rexistrou a concentración popular de protesta celebrada nos xardíns da Veracruz, cunha asistencia que os os convocantes elevaron atá o milleiro de persoas.  Nesta protesta puderon verse varios carteis alusivos e irónicos cós líderes dos 3 grupos políticos do Concello do Carballiño. No transcurso da concentración tomaron a palabra varios integrantes da "plataforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde", manifestando que o seu obxetivo "é aglutinar o desacordo dunha gran maioria de veciños do Carballiño con este proxecto que se está a levar a cabo nas inmediacións do Templo da Veracruz, recollemos a inquedanza de moitos carballiñeses e forasteiros que nos transmitiron o seu malestar" noutro momento do acto calificouse a intervención como  " unha agresión ao noso Ben de Interese Cultural, polo que nos unimos na defensa do noso patrimonio para reinvidicar unha obra da arquitectura xenuinamente galega". Pero tamén houbo agradecementos, que foron "para Felipe Senén, o Bispado e a Parroquia, por estar a altura da herdanza cultural da que somos depositarios". O acto rematou cunha ofrenda floral ante a estatua de Evaristo Vaamonde, o gran promotor da Veracruz. Desde a plataforma convocante considerase un gran éxito a participación neste concentración que en palabras de Rafael Otero "foi un clamor que deberá facer reflexionar a todas a autoridades para que rectifiquen este proxecto, agora que aínda estamos a tempo"