O Alcalde de Boborás, que non cobrou dietas nos últimos anos, anuncia agora que "cobrarei todo xunto porque me obriga o BNG".

1, Marzo 2010

Cipriano Caamaño reaccionou desta maneira ante a demanda de información por parte do Bloque Nacionalista Galego, que con anterioridade á celebración do Pleno da Corporación Municipal, solicitou ó Secretario do Concello de Boborás os datos relativos ó cobro de dietas por parte do Alcalde. Caamaño aproveitou a sesión plenaria para recriminarlle ó BNG esta solicitude, e asegurou que nos últimos anos non pasou ó cobro ningunha dieta de desplazamento, malia que foron numerosas as viaxes que fixo para realizar xestións municipais. Caamaño anuncio que hoxe luns presentaría a documentación "para cobrar todas xuntas, porque me obriga o BNG". Aínda que no transcurso da sesión plenaria que ven de celebrar a Corporación de Boborás ningún nin dos dous grupos da oposición se interesou por este asunto, o Alcalde aproveitou un momento do debate para aclarar que él levaba anos, polo menos desde 2007, sen pasar dietas de desplazamento e dirixindose ás bancadas da oposición enfatizou "seguramente pensaban vostedes que eu son como o do yate de luxo en alta mar, como a señora Seara, os do bipartito, que van catro nun coche e cobran dietas sen facelas", en referencia á polémica das dietas no Parlamento Galego.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Alcalde de Boborás