O alcalde de Cea nega as acusacións e anuncia accións legais contra o empresario das 5 jotas

15, Novembro 2013

José Luis Valladares nega por medio dunha nota de prensa as acusacións feitas polo empresario que promoveu a construcción do polígono industrial do Fondo de Cea.

José Manuel Costas, o empresario de "Las 5 Jotas", involucrado na actualidade nunha trama de fraude fiscal que investiga a xustiza, acusou ao alcalde de Cea no xulgado vigués que leva o caso "de pedirlle diñeiro en efectivo a cámbeo de xestións", según o que trascendeu desa declaración e recollen distintos medios de comunicación.

O rexedor municipal remitíu a esta emisora de radio unha nota de prensa na que nega as acusacións e anuncia accións legais para defenderse do que considera "un infundio".

Prerma no arquivo adxunto para ver a nota de prensa do alcade de Cea: