O alcalde de Cea pide a colaboración da Xunta para rematar as obras do polígono industrial

13, Decembro 2016

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares.

No encontro, que tivo lugar en Santiago de Compostela, ambos responsables abordaron as necesidades en materia de saneamento do concello e, máis en concreto, do polígono industrial sito no lugar do Fondo de Cea.

Esta reunión tivo como obxectivo seguir avanzando na posible colaboración de ambas administracións, autonómica e municipal, nesta materia.