O Alcalde de Leiro presenta ó Presidente da Xunta o proxecto do "museo dos sentidos do viño"

25, Febreiro 2010

O Concello de Leiro quere que as Consellerias de Cultura e Medio Rural se impliquen conxuntamente no  "museo dos sentidos do viño", un proxecto arredor da cultura e o mundo do viño que se ubicaría no anexo do Mosteiro de San Clodio, no que son as ruínas existentes na parte dereita da entrada principal do Mosteiro. O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, trasaladou esta idea o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co que se reuníu no seu despacho de San Caetano. No transcurso deste contacto institucional entre ambos,  o rexidor municpal de Leiro tamén recabou do mandatario galego o seu apoio para a recuperación das pinturas murais de san Clodio, e a rehabilitación do capela de San Pedro, sita na zona vella da vila de Leiro. O Alcalde de Leiro, manifestou en Cope O Carballiño que "foi unha entrevista moi cordial, e espero que moi proveitosa para levar a cabo os proxectos que tiven ocasión de expoñerlle, e estou seguro que vai ser asi porque o Presidente da Xunta sempre foi moi receptivo co Concello de Leiro". Fernández, tamén aproveitou esta visita a Santiago de Compostela para realizar xestións ante a Secretaría Xeral de Medios, e coa finalidade de solventar as deficiencias que se rexistran na implantación da TDT no ámbito municipal do Concello de Leiro.