O alcalde de San Amaro avanza os proxectos prioritarios para este mandato: PXOM e Polígono agroforestal. Tamén repasamos a programación festiva para os próximos dias neste concello. Escóitao aquí.

14, Xullo 2023

No programa especial dos venres de verán neste 14 de xullo trasladámonos ao concello de San Amaro, e no que o alcalde da localidade Fernando Rodríguez Redondo avanza os proxectos que considera prioritarios para desenvolver neste recén iniciado novo mandato municipal, como son a redacción e aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal ou o Polígono Agroforestal, que precisamente esta semana foi declarado de utlilidade pública pola Xunta de Galicia. Tamén entende o rexedor como prioritario na súa xestión resolver os problemas existentes coa telefonía móbil no territorio municipal.

Tamén conversamos coa nova concelleira de participación cidadán de San Amaro, Noelia Ordoñez, e por suposto, falamos das propostas veraniegas deste concello, asi como as propostas festivas para os próximos dias, centradas nas festas de San Mauro e O Carmen na capitalidade municipal, as do Santiago Apóstol na parroquia de Anllo, ou as da parroquia das Neves de Grixoa.

Escoita aquí o programa completo: