O alcalde de San Amaro pide ao Subdelegado do Goberno máis vixilancia da Garda Civil no municipio

19, Febreiro 2018

O alcalde de San Amaro trasladou ao Subdelegado do Goberno na provincia, Roberto Castro, a preocupación veciñal debido a proliferación de roubos e actos delictivos que se veñen rexistrando en varias localidades do municipio no transcurso do último ano.

Nunha reuníon na sede da Subdelegación do Goberno, Ernesto Pérez demandou do máximo responsable do Goberno na provincia maior presenza da Garda Civil no rural, tal como tamén solicita a veciñanza. 

O Subdelegado comprometeuse ante o alcalde de San Amaro por esta problemática e manifestoulle que se analizará coa Garda Civil esta problemática coa finalidade de avanzar na mellora da seguridade cidadán neste municipio.