O alcalde en funciós Carlos Paz e Baltar abordan distintos proxectos de colaboración entre Concello e Deputación

17, Outubro 2019

O alcalde en funcións do concello de San Amaro,Carlos Paz González, mantivo unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para facerlle chegar algúns dos proxectos que se pretenden poñer en marcha no concello amarense durante este mandato municipal de catro anos.

Ente os ausntos que aboradaron está a posibilidade de converter a San Amaro nun proxecto piloto provincial na posta en marcha da súa Biblioteca Vivente, unha proposta que quere recoller desde xa e dun xeito sistematizado a memoria das persoas que habitaron e habitan o concello amarense, deixando para as xeracións futuras copia do seu testemuño. Este proxecto, que dará inicio nas vindeiras semanas, pretende crear un arquivo histórico dixital coas imaxes, lembranzas e memorias do noso concello na procura dunha maior autoestima da poboación.

Por outra parte, Baltar Blanco comprometeu un plan plurianual para a creación de illas ecolóxicas en todo o termo municipal, que ordenen a xestión e o tratamento de residuos dentro do concello. Procúrase con isto optimiza a recollida e o transporte do lixo, amais de poñer orde nos colectores de lixo e mellorar a apariencia dos puntos de recollida.

Tamén mantivo o compromiso para a renovación do campo de fútbol de Salamonde, para o cal este concello acaba de recibir na semana pasada o convenio da Xunta de Galicia, que remitiremos asinado nun breve espazo de tempo.

Asemade, mantén tamén a colaboración da Deputación coas Aulas madrugadoras, que seguirán desenvolvéndose no CEIP Plurilingüe Eulogio G. Franqueira.

Xa por último, falouse da posibilidade de converter os sobrantes da estrada OU-410, sitos cabo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, nun espazo ordenado de lecer que contemple un punto de información turística, un estacionamento para caravanas e un espazo infantil.