O alcalde Fumega anuncia que esta semana serán distribuídas entre a veciñanza de máis idade 3.000 máscaras compradas polo concello

13, Abril 2020

O alcalde do Carballiño avanzou nunha intervención nesta emisora de radio que este martes dia 14 de Abril agarda que cheguen ao concello as 3.000 máscaras de protección que foron adquiridas pola institución municipal.

Fumega anuncio que esta mesma semana comezarán a distrubuírse porta a porta entre a veciñanza de máis idade, por ser a máis vulnerable ao contaxio do COVID-19.

Este reparto faráse con medios do propio concello e tamén podería ser "a través dos servizos dunha empresa de reparto domiciliario que poderiámos contratar", según informou en COPE O Carballiño o propio alcalde. 

Ademáis, Fumega tamén comunicou que na mañá deste martes dia 14, de 7 a 9 da mañá, continuaráse o reparto por parte da Garda Civil e a Policia Local nos lugares de máis afluencia aos centros de traballo no Carballiño.