O alcalde Fumega anuncia un acordo de consenso coa oposición para a concesión municipal de axudas de 1,2 millóns de euros para atenuar as consecuencias do Covid-19

4, Maio 2020

Pequenas empresas, autónomos, comerciantes e a hostaleiros, asi as familias máis vulnerables á situación que vivimos, serán os destinatarios das axudas municipais que vai aportar o concello do Carballiño para paliar na medida do posible o golpe do Covid-19 para a economía local.

Asi o anunciou en COPE o alcade do Carballiño, unha vez rematada a Xunta de Portavoces celebrada esta mañá, "chegamos a un acordo de consenso, e incorporánse a este acordo distintas propostas feitas polos grupos".

Fumega avanzou que o concello destinará 1,2 millóns de euros a estas axudas que se adxudicarán segundo unhas bases que van regular esta convocatoria "un prego de bases que haberá que ultimar estes dias", para regular a concesión destas axudas.

A idea do rexedor municipal é poder convocar o pleno da corporación no que deberán aprobarse no transcurso da semana que ven "entre o martes e o mércores", dixo.