O alcalde Manuel Cerdeira quere impulsar a marca "O Irixo" para promocionar os productos locais de calidade

17, Agosto 2020

O alcalde do Irixo quere poñer a disposición das empresas e os comercios do municipio una nova fórmula para promocionar os seus productos ante os consumidores, a marca “O Irixo”, coa que se identifique a orixe do producto local con garantías de sostenibilidade e calidade.

Manuel Cerdeira, que ven de cumplir este pasado dia 12 de Agosto un ano na alcaldía do Irixo, á que accedera tras o pasamento do exalcalde Manuel Penedo, considera que sería un gran paso para impulsar a economía local “porque cada un pola súa conta é máis difícil, pero todos xuntos podemos chegar máis lonxe e darnos a coñecer máis e mellor”.

O rexedor razonou asi a súa idea “temos un potencial que non estamos explotando como deberíamos, temos que poñer en valor a marca O Irixo, da que temos un gran referente na Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro, co seu leite, iogur, queixo, kéfir e agora tamén o seu requeixo, pero tamén temos outros como a carne de Ferradás que xa goza de recoñecemento mesmo en restaurantes Michelín, productores de mel, ou de pan artesán, e outros que poden sumarse”, relatou na súa intervención en COPE O Carballiño.

A marca “O Irixo” terá como obxetivo poñer en valor aos productores locais “porque se logramos traballo e benestar o noso concello terá moito futuro”, subliñou o alcalde Manuel Cerdeira que, ademáis, avanzou outra iniciativa de promoción deste distintivo local, un expositor permanente de todos os productos da marca “O Irixo” que podería ubicarse no complexo turístico, deportivo e cultural que o concello vai promover na estación de ferrocarril da localidade.