O amistoso có Ourense deixa boas sensacións en Espiñedo

14, Agosto 2011

Perder 0-2 contra un equipo punteiro da terceira non é un mal resultado para un equipo da 1ª autonómica, claro que neste caso o resultado era o de menos. Certo é, ademáis, que o Ourense só apretou o acelerador no primeiro cuarto de partido, nese periodo conseguíu os dous goles, o primeiro deles en propia meta, e a partir de ahí o Ourense baixou o ritmo no xogo, certo é tamén que este Ourense terá moito que mellorar se quere aspirar a dar o salto de categoria, como é a súa aspiración. Polo que respecta ao Arenteiro, foi de menos a máis, e a punto de expirar a primeira parte,  Iglesias tivo unha clarísima ocasión de recortar no marcador, pero o seu tiro, só ante o meta ourensano, non atopou porta. Xa na segunda metada, o Arenteiro estivo moito mellor, e tivo atá un par de novas oacisións para facer gol. O final, boas sensacións as que deixaba nas bancadas de Espiñedo este xoven Arenteiro, que ofreceu detalles certamente positivos.