O ano pasado non obtivera axuda: O Festival de Teatro Galego volve contar coa subvención de AGADIC, outorgándolle 15.000 euros para a próxima edición.

16, Xullo 2019

A Axencia Galega das Industrias Culturais -AGADIC- volve incluir ao Festival de Teatro Gaelgo do Carballiño dentro dos eventos escénicos máis importantes de Galicia, e outórgalles unha subvención para este ano 2019 de 15.000 euros.

O ano pasado AGADIC deixara sen axuda ao certame teatral carballiñes ao considerar daqúela que non cumplía os requisitos para subvencionálo.

Agora, AGADIC ven de facer pública a resolución pola que se outortan as axudas deste ano, mediante adxudicación por concorrencia competitiva para este tipo de festivais escénicos.

O Festival de Teatro Galego está organizado na actualidade pola Asociación FETEGA e tradicionalmente viña celebrándose dende a súa fundación no ano 1989 a principios do mes de Setembro, aínda que na edición de 2018 por vez primeira na súa historia adiantouse ao mes de Agosto.

Puideron optar a esta liña de subvencións os encontros celebrados en Galicia entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019, que contasen cunha traxectoria de polo menos dúas edicións anteriores e que ofrecesen nos seus carteis un mínimo de seis compañías ou grupos, entre outras condicións.

As bases fan fincapé na consideración deste tipo festivais como un sector cultural estratéxico para Galicia e no impulso da súa profesionalidade, de xeito que se esixe que polo menos a metade dos concertos ou representacións programadas sexan de pago, agás no caso dos festivais escénicos de rúa.

A Xunta busca deste xeito contribuír á consolidación dun mapa galego de festivais de carácter profesional, así como a dinamizar a contratación artística e a creación de públicos nestes sectores culturais.